Visita alumnos/as (TSEAS)

O luns 22 de abril acudiron ao noso centro unha vintena de alumnos e alumnas do IES Universidade Laboral que cursan o Grao Superior en Ensino e Animación Sociodeportiva (TSEAS) xunto cunha dos seus docentes.
No xardín do centro de día realizaron unha sesión de actividade física cos nosos maiores que levaban preparando durante unha semana. A experiencia non puido ir mellor. Os nosos maiores e o alumnado gozaron unha chea da tarde, e entre un exercicio e outro tiveron tempo para coñecerse un pouco máis e botarse unhas risas.
Ao finalizar a actividade, fixeron unha visita guiada polas instalacións da nosa residencia, facendo especial fincapé no xardín de residencia e na sala de fisioterapia, dotada de bicicletas “intelixentes”.