As orixes da Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados da Coruña remóntanse a 1992. Ao longo destes case 30 anos de andaina realizamos avances e crecido como entidade de referencia no ámbito das persoas maiores, non só da cidade da Coruña senón ao longo da xeografía galega.
Resúltanos moi complicado resumir en tan poucas liñas, a colaboración e participación levada a cabo polas persoas que formamos parte desta asociación. Motivación, afán e empeño non faltaron en todos e cada un dos proxectos previstos e realizados ao longo da nosa traxectoria.
Moitos foron os obxectivos cumpridos e os logros alcanzados, pero a pesar diso, somos conscientes de que aínda nos queda un longo camiño por andar. Temos a obrigación e o compromiso de seguir traballando incesantemente para alcanzar novas metas. Esperamos poder seguir contando convosco para conseguilas, xa que, o apoio colaboración e implicación de quen nos axuda de forma voluntaria, das empresas e entidades que cooperan co noso proxecto permítennos seguir traballando para mellorar a calidade de vida das persoas maiores e pensionistas.
Agradecémosvos a todos/as o esforzo e dedicación que nos brindades e que nos dan forzas e ánimos para seguir loitando polos dereitos deste colectivo.
Un afectuoso saúdo.
Margarita Bárcena Pardo.