Despois de todo o traballo realizado coa técnica do fotobordado, chegou o momento de compartir o resultado. As fotografías que as nosas persoas residentes interviñeron con fío e agulla convertéronse nunha fermosa exposición dedicada á nosa terra.
Para aproveitar o bo tempo, as primeiras imaxes estiveron expostas no xardín, onde residentes, familias e profesionais puideron achegarse a velas e desfrutar do resultado ao aire libre.
Despois, a exposición trasladouse á sala de visitas, onde permanece exposta para que todos poidamos contemplar estas pequenas obras e descubrir os detalles que agocha cada fotografía.
Foi unha actividade que gustou moito e na que se desfrutou tanto do proceso como do resultado. E isto non remata aquí: o fotobordado chegou para quedar. Máis adiante retomaremos esta técnica cun novo enfoque e novas fotografías para seguir creando e descubrindo todas as posibilidades que nos ofrece.


