Terceiros en idade, primeiros en reciclar

“Terceiros en idade, primeiros en reciclar” é unha iniciativa deseñada por Ecoembes e dirixida de forma específica ás persoas maiores, un colectivo imprescindible para avanzar na reciclaxe. Hoxe son 8,8 millóns as persoas de máis de 65 anos en España, cunha proxección de crecemento exponencial. Ademáis, as persoas maiores levan toda a vida aplicando a ecoloxía doméstica por pura inercia histórica: afeitos a unha economía de carestía, aforran en recursos, consomen con cabeza e reutilizan todo o posible. A súa participación activa é esencial no mapa da sustentabilidade.
O obxectivo do programa é dobre:
1. Conectar con eles, achegarlles a reciclaxe desde as súas necesidades, intereses e aspiracións, facéndolles sentir imprescindibles no reto común de coidar o medioambiente a través da reciclaxe.
2. Conseguir reciclar máis e mellor entre o colectivo de maiores e a súa contorna máis próxima. Os nosos maiores son transmisores de coñecemento aos seus familiares, amigos, netos, etc., baseado na súa experiencia e cultura.
O pasado 15 de xuño visitaron o noso centro para impartir unha formación aos traballadores e realizar unha actividade lúdica sobre reciclaxe con usuarios e residentes. Este tipo de actividades fomentan as habilidades sociais, psicomotrices e de aprendizaxe.  

Terceros en edad, primeros en reciclar