Horticultura

Coa chegada do bo tempo empezamos unha das actividades favoritas dos nosos usuarios do Centro de Día, cultivar o horto.

Esta actividade ten unha función terapéutica xa que estimula a mobilidade, a capacidade de atención e a vontade por mellorar. É unha tarefa creativa, que favorece o traballo mental e a autorrealización, ademais de ser un exercicio de memoria, ao ter que lembrar os coñecementos adquiridos no campo.

Doutra banda, favorécense hábitos alimentarios co posterior uso dos produtos do horto.

Horticultura
Horticultura