Durante o mes de marzo tivemos a visita dos alumnos da escola de Terapia Ocupacional da Universidade da Coruña, que participaron nas actividades desenvolvidas na Milagrosa. Unha destas actividades é o Taller de Memoria para socios de UDP, desenvolto os martes pola tarde e dirixido a socios da UDP cuxo obxectivo é motivar ás persoas maiores para mellorar as súas facultades mentais mediante a psicoestimulación, transferir os mecanismos activados durante as sesións do taller ás actividades da vida cotiá e aumentar a autoestima persoal a través da participación e creatividade, fomentando a socialización e evitando a soidade mediante a intervención grupal. Nesta sesión en concreto fíxose unha actividade interxeracional onde alumnos e maiores realizaron varias actividades de memoria conxuntas. Resultou ser unha experiencia moi enriquecedora tanto para mozas como para maiores, compartindo experiencias e gozando ambos da actividade e da compañía.