Neste mes de abril comezamos a participar no proxecto levado a cabo pola entidade Afundación (Obra Social A Banca); Pedalear & Conversar, enmarcado no movemento internacional “En bici sin edad”, iniciado en Dinamarca e consolidado en numerosas cidades de todo o mundo.
Pedalear & conversar, é un programa de voluntariado e acompañamento a persoas maiores que nace co obxectivo de favorecer a suá participación social a través do diálogo interxeneracional e consiste en realizar saídas pola cidade nun triciclo eléctrico. O triciclo é conducido por unha persoa voluntaria da entidade e pódese ir só ou acompañado. En calquera caso, é unha estupenda iniciativa para gozar do aire libre, volver a visitar lugares emblemáticos da cidade e conversar disfrutando dun agradabel paseo.