Especial Magosto

Especial Magosto

Durante a última semana de outubro e a primeira de novembro as celebracións do Samaín e o Magosto foron os protagonistas das actividades grupais organizadas polos diferentes departamentos, xa que este tipo de actividades convídanos a aprendizaxe e recordo de tradicións da cultura galega e a valorar a importancia de conservar e transmitir o sentido das nosas festas tradicionais para conservar a nosa identidade cultural.

Os usuarios e residentes decoraron o centro con motivos relativos ás celebracións, realizaron diferentes manualidades e murais, pelaron castañas e degustaron un delicioso menú de outono onde a cabaza e castañas foron os ingredientes protagonistas. Aquí deixámosvos algunhas fotos.