Día da psicoloxía

O pasado 24 de febreiro celebrouse este día. No Complexo Xerontolóxico da Milagrosa contamos cun departamento de Psicoloxía, moi importante e imprescindible para traballar a estimulación cognitiva e a parte emocional das nosas persoas usuarias e residentes.

Unha das terapias que se realizan dende este departamento é a intervención na Sala Snoezelen, sala multisensorial na que se traballa a estimulación a través de todos os sentidos e na cal, esta residencia foi pioneira realizando esta terapia en personas con demencias