Os nosos usuarios puideron gozar dun concerto de música clásica grazas ás lentes de realidade virtual. Nesta experiencia combínase a imaxe real filmada en 360º co son da orquestra que permite aos nosos maiores gozar dunha viaxe audiovisual inmersiva e dos múltiples beneficios xa coñecidos da musicoterapia.