A Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados (UDP-A Coruña), unha vez superadas as restricións impostas pola Pandemia Covid-19, puxo en marcha un novo ciclo de conferencias nas instalacións do Sporting Club Casino. Iniciouse o pasado mércores 20 de outubro coa conferencia “Como vivir 100 anos e non morrer no intento” impartida polo Catedrático de Xeriatría e Director do Grupo de Investigación en Xerontoloxía e Xeriatría da Universidade da Coruña, o Doutor José Carlos Millán Calenti.
O mércores 17 de novembro ás 19:00h. terá lugar a conferencia con título “Infeccións víricas estacionais no adulto maior” a cargo do Doutor José Luis Rodríguez- Villamil Fernández, Catedrático da UDC.