O pasado martes 28 de xuño, varios dos nosos maiores, tanto do centro de día como de residencia, tiveron a oportunidade de participar nunha actividade, ofertada desde o Museo de Belas Artes de Coruña, nas que se realizaba un percorrido inmersivo polo interior do museo con axuda dun vídeo 360º e unhas lentes VR Standalone Oculus Quest.
Nas fotografías, pódese observar como varios deles están a gozar desta actividade, chamada “Un museo en movemento”.