Visita Colexio

O día 11 de Decembro tivemos unha visita moi especial que nos enche de emoción e tenrura…A VISITA DOS/AS NENOS/AS DO COLEXIO WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ.

Foi un pracer ver como as nosas persoas maiores desfrutaron das poesías, panxoliñas, agasallos e sobretodo da compañía dos/as nenos/as.

Nós tampouco nos quedamos atrás e durante a semana pasada fixemos entre todos/as unhas postais con moito cariño, desexándolles unhas felices festas e que Papá Noel e os Reis Magos lles traían moitos agasallos pero sobretodo…que estean rodeados/as de moito cariño.

Moitas grazas pola visita e esperamos vervos pronto.