Subvención Deputación da Coruña

Deputación da Coruña

O Complexo Xerontolóxico La Milagrosa e beneficiario dunha subvención outorgada pola Excma. Deputación Provincial da Coruña ao abeiro do programa FOIEV, dirixido a entidades sen fins de lucro para a mellora dos servizos e programas en materia de servizos sociais e sociosanitarios para a adquisición de vehículos no ano 2026.

O novo vehículo, adaptado para cadeiras de rodas, estará preparado para o transporte de persoas usuarias do Centro de Día e Unidades Alzheimer La Milagrosa, facilitando así unha mobilidade máis segura, accesible e acorde ás necesidades das persoas usuarias.

O investimento total ascende a 59.580,48€. Deles, a Deputación financiará o 80%, o que supón 47.664,38€, mentres que o 20% restante – 11.916,10€ – será asumido mediante financiamento privado.