Sala de Estimulación Multisensorial Snoezelen

A estimulación multisensorial (MSSE) na sala Snoezelen, dispoñible na Milagrosa, é unha técnica non farmacolóxica novidosa para a intervención en persoas con demencia.

A sala Snoezelen inclúe obxectos que estimulan os 5 sentidos: cables de fibra óptica, columnas de burbullas, proxectores de imaxes, música, obxectos táctiles, aromaterapia…

O Grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña demostrou o seu efecto sobre a ansiedade, axitación, severidade da enfermidade ou parámetros fisiolóxicos (taxa cardíaca ou saturación de osíxeno), especialmente naqueles usuarios con demencia severa o moi severa, nos cales outro tipo de intervención estaría moi limitado.

A avantaxe da MSSE é que se estimulan os sentidos primarios sen necesidade algunha de actividade intelectual por parte do paciente, como ocorre nos estados avanzados da demencia, onde a comunicación e a fluidez verbal están moi deterioradas.

Comments are closed.