Continuamos coa incorporación das novas tecnoloxías como ferramenta terapéutica e innovadora nas intervencións cos nosos/as residentes.
As lentes de realidade virtual permiten realizar estimulación cognitiva á vez que gozar dunha experiencia agradable e satisfactoria, moi real e inmersiva, como o pode ser, por exemplo; coñecer cidades do mundo desde La Milagrosa. Os residentes que xa probaron esta intervención terapéutica mostráronse moi satisfeitos e con ganas de repetir.