De acordo á resolución da Asemblea Xeral da UDP-A Coruña, o pasado día 23 de maio procedeuse a descubrir as placas homenaxe a Mª Luisa Ansorena e a Fernando Wonenburger na que constan as denominacións que pasarán a ter desde agora, tanto a Residencia, que será Mª Luisa Ansorena, como o Centro de Día que será Fernando Wonenburger.
Ao devandito acto asistiron familiares e amigos de ambos os homenaxeados.
Durante o mesmo, o Director do Complexo D. José Carlos Millán comentou a historia do Complexo e a súa importante vinculación aos dous homenaxeados. Así mesmo, Pilar López-Rioboo e Elisa Wonenburger, fillas de Dª María Luisa e de D. Fernando, respectivamente, deron as grazas á UDP-A Coruña pola celebración do devandito acto.