Dentro do ciclo de conferencias sobre divulgación de temas de saúde e organizado pola Real Academia de Medicina de Galicia en colaboración co Concello da Coruña, o Prof. Millán Calenti, director do Complexo Xerontolóxico La Milagrosa e catedrático de Medicina da Universidade da Coruña, impartiu unha conferencia titulada “Envellecemento e Fraxilidade” no Centro Cívico de Palavea.
Á conferencia asistiu o presidente da Real Academia, Dr. Francisco Martelo que presentou ao relator.