A Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados UDP-A Coruña ofreceu unha comida de homenaxe “in memorian” á que foi a súa Presidenta durante varios mandatos (Mª Luisa Ansorena Hortega), que estivo representada polos seus fillos e a D. Fernando Wonenburger Macía, que foi Vicepresidente, e que estivo acompañado das súas tres fillas e neta.
Durante a comida fíxose entrega dunha placa conmemorativa nas que consta a resolución da Asemblea Xeral, conforme a residencia pasa a denominarse “Mª LUISA ANSORENA HORTEGA” e o Centro de Día “FERNANDO WONENBURGER MACÍA”. Todos/as os que estamos comprometidos/as coa UDP-A Coruña sabemos do gran labor en prol das persoas maiores realizada por ambos os homenaxeados.
Grazas Mª Luisa e Grazas Fernando!!!