Na nosa residencia seguimos apostando por actividades culturais innovadoras, e recentemente desfrutamos dunha experiencia única grazas á tecnoloxía de realidade virtual. Participamos na exposición inmersiva “La Torre de la Parada, un espazo pictórico para Rubens”, onde as persoas residentes puideron adentrarse nunha reconstrución deste histórico pavillón de caza do século XVII, que pertenceu ao rei Felipe IV e albergaba unha das coleccións de pintura máis importantes da súa época.
Ao día seguinte, demos continuidade á experiencia cunha actividade na que coñeceron máis a fondo algunhas das obras vistas durante a visita virtual. Ao longo dos próximos meses, iremos recreando varios destes cadros, traballando en grupo, con creatividade e moita ilusión.
Unha forma orixinal e estimulante de achegarnos á arte, que nos permitirá aprender, gozar e compartir.
Este innovador proxecto foi desenvolto polo Museo de Belas Artes da Coruña xunto co grupo VideaLAB da Universidade da Coruña, responsables de recrear o edificio e a súa impresionante decoración.