Subvencións Deputación da Coruña

Deputación da Coruña

O Complexo Xerontolóxico e beneficiario de tres subvencións para a execución no ano 2026 outorgadas pola Excma. Deputación da Coruña, segundo o seguinte detalle:

– FOAXE-C/2026: Correspóndese cunha subvención para o mantemento e os programas da Residencia, sendo a contía a percibir de 20.320,00€ e o coeficiente de financiación dun 100%.

– FOIE/2026: Trátase dunha subvención outorgada para financiar o investimento da Residencia que será aplicada á renovación de dous equipos de aire acondicionado, a compra dunha báscula para cadeiras de rodas, así como a compra de electrodomésticos da cociña, a substitución da plataforma salva-escaleiras da entrada principal, a renovación do chan da sala polivalente da planta principal e a posta en marcha de válvulas de seguridade termostáticas para controlar la temperatura da zona médica da planta 0. O orzamento a financiar é de 45.293,04€ e tendo un coeficiente de financiamento dun 75%. A cantidade a percibir sería de 33.969,78€.

– FOIEV/2026: Referida a adquisición dun vehículo de transporte adaptado para o Centro de Día e as dúas Unidades Alzheimer. O orzamento a financiar é de 59.580,48€. Tendo un coeficiente de financiamento dun 80€ para unha cantidade a percibir de 47.664,38€.