Complexo Xerontolóxico La Milagrosa

Centro especializado na atención das persoas maiores

Complexo Xerontolóxico La Milagrosa
0
Prazas Centro de Día
0
Prazas Residencia
0
Profesionais da saúde

O Complexo Xerontolóxico A Milagrosa nace da man da Asociación Provincial de Pensionista e Xubilados UDP-A Coruña no ano 2001 coa inauguración do Centro de Estancias Diúrnas, ao que máis tarde se une (ano 2007) o Centro de Estancias Permanentes ou Residencia.

Situado no antigo colexio A Milagrosa, patrimonio da Deputación, que cede á UDP-A Coruña un espazo do edificio de aproximadamente 3.000m2 e 1.200m2 de xardín, o Complexo consta de 70 prazas de Centro de Día e 64 de Residencia, altamente especializadas na atención e coidados das persoas maiores.

Xestionado polo Prof. Dr. José Carlos Millán Calenti, Catedrático de Xeriatría e Director do Grupo de Investigación en Xerontoloxía e Xeriatría da Universidade da Coruña, o Complexo vinculouse á Universidade da Coruña, sendo moitos os profesionais que comparten a actividade docente e investigadora coa actividade asistencial, o que confire ao centro un carácter especial e altamente innovador.

Especializado na atención de persoas maiores con dependencia, ben pola perda da súa capacidade funcional (síndrome de fraxilidade, enfermidade cerebro-vascular e enfermidade de Parkinson) ou cognitiva (demencias e enfermidade de Alzheimer), o complexo conta con especialistas dos campos da medicina, enfermaria, psicoloxía, terapia ocupacional, fisioterapia e logopedia con formación específica en xeriatría e xerontoloxía (máster e/ou doutoramento), que desenvolven a súa actividade nun centro accesible e moderno, caracterizado pola potenciación da intervención non farmacolóxica, fronte á farmacolóxica, nos seus diferentes espazos (sala de actividade física multicompoñente, xardín e sala de estimulación multisensorial, sala de posturografía computarizada ou cabina de rexistro audiométrico, entre outras).

Tras o ingreso do potencial residente, os profesionais do Complexo realizan a súa Valoración Xeriátrica integral a fin de adaptar a intervención ás súas necesidades (atención centrada na persoa), tratando sempre de mellorar a súa calidade de vida; elemento que diferencia claramente á Milagrosa doutras institucións, como queda de manifesto o ser o único recurso xeriátrico de nosa CC. AA. recoñecido como centro de I+D+i e o balance dos nosos importantes logros recolleitos en numerosas publicacións científicas.

A Milagrosa naceu por e para as persoas maiores.

Comments are closed.