Visita alumnos TO (UDC)

Visita alumnos terapia ocupacional (UDC)

Os pasados días 14, 16, 21 e 23 de marzo varios grupos de alumnos da materia de Xeriatría do Grao de Terapia Ocupacional da Universidade da Coruña (UDC) visitaron o noso complexo en horario de tarde.

As visitas constaron dunha presentación achega do modelo de servizo e as múltiples actividades do centro, dun posterior percorrido polas instalacións do mesmo e dunha observación participante nos grupos de intervención terapéutica.