Programa FOIE/2019

Terceira fase de adecuación do Centro de Día.

Programa FOIE/2019

Durante o pasado mes de novembro realizáronse melloras na sala polivalente e o despacho de coordinación de Centro de Día, que consistiron no cambio do pavimento por vinilo autoportante, reparación e pintado de paredes e biombos, así como renovación e reparación de estores.

Sinalar que parte destas obras e mantemento correspondentes á terceira fase de adecuación do Centro de Día fixéronse grazas á colaboración da Deputación da Coruña a través do Programa FOIE/2019.