Día das Letras Galegas

Letras Galegas

O 17 de maio é un día moi especial en Galicia: o Día das Letras Galegas, unha homenaxe á súa literatura, á súa lingua e á súa cultura.

Este ano dedicouse á escritora Xela Arias, a quinta muller á que se lle dedica o Día das Letras Galegas desde o comezo da súa celebración en 1963. Escritora, poeta e tradutora española en varios idiomas, ademais de editora e profesora de galego, Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003) súmase á terna composta por Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño e María Victoria Moreno.

No Complexo Xerontolóxico “La Milagrosa” non quixemos esquecer esta celebración e organizáronse diversas actividades que permitiron aos usuarios e residentes afondar e reflexionar sobre a figura da homenaxeada.