Conferencia Prof. Ánxo Carracedo

Conferencia Prof. Ángel Carracedo

A Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados ( UDP-A Coruña) continúa con ilusión o ciclo de conferencias sobre a saúde que foi inaugurado o 20 de outubro do pasado ano.

O 27 de xaneiro tivo lugar a terceira conferencia no Circulo de Artesáns, nesta ocasión contamos coa presenza do catedrático e director do Instituto de Medicina Legal de Santiago e da Fundación Galega de Medicina Xenómica, así como o vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal, investigador e experto internacional, o noso querido amigo, D. Anxo Carracedo Álvarez, que nos falou de “Avances na xenética e a súa aplicación  no envellecemento”.