Vacinación contra o COVID-19

Vacunación contra el Covid-19

Case 10 meses despois de que se detectase o primeiro caso de coronavirus en Galicia, os Reis Magos de Oriente trouxéronnos o mellor agasallo do ano; a primeira dose da vacina covid-19. 

O pasado xoves 7 de xaneiro ás 9:00 horas, comezou o proceso de vacinación no Complexo Xerontolóxico “La Milagrosa”. Tanto traballadores como residentes asistiron con nervos á reunión, pero sobre todo coa esperanza de que poidamos garantir aínda máis a protección e o benestar dos nosos residentes.

Cada día que avanza nesta batalla conta e resta posibilidades á pandemia. Ademais, permitiranos dar os primeiros pasos para recuperar esa normalidade que tanto ansiamos nos últimos meses.