Segunda dose vacina COVID-19

Segunda dosis vacuna COVID-19

A segunda dose da vacina chega ao Complexo Xerontolóxico “La Milagrosa”.

O 28 de xaneiro non foi un xoves calquera, despois de pasar por diferentes situacións complicadas causadas pola pandemia, traballadores e residentes comezaron a “ver a luz ao final do túnel”.
 
A segunda dose chegou só 21 días despois de que se administrase por primeira vez a tan esperada vacina. Aínda que un certo aire de esperanza e optimismo xa se comeza a respirar, debemos continuar sen baixar a garda e ter especial coidado ata obter a inmunidade.
 

Na fotografía, José Carlos Millán, director do complexo, recibe a segunda dose da vacina contra o covid-19.