Posturografía

  • Posturografía

O Complexo Xerontolóxico La Milagrosa dispón dunha plataforma dinamométrica fixa para avaliar o equilibrio ou control postural dos usuarios. Basease principalmente nunha análise sensorial e dinámica, estudo dos límites de estabilidade e análise do control rítmico e direccional.

A posturografía é unha técnica relativamente recente para a detección de suxeitos con risco de caídas que orienta ao profesional sobre o sistema afectado (sensorial ou músculo-esquelético) causante do desequilibrio. Dispón dun arnés de suxeición para a intervención con persoas que de base presenten un trastorno do equilibrio ou un risco de caída.

Unha vez realizada a valoración posturográfica, o sistema ofrece a posibilidade de facer intervención individualizada. Trátase dunha técnica que non ten ningún límite ou contraindicación, salvo o coidado necesario naquelas persoas cunha maior alteración do equilibrio.

Comments are closed.