Orquestra de Cámara Galega

Concierto Orquesta Cámara Galega

O pasado luns 3 de maio, usuarios do Centro de Día e residentes gozaron dun concerto sorpresa da Orquestra de Cámara Galega como colofón das actividades organizadas para a celebración do Día da Nai.
O concerto tivo lugar nos xardíns das nosas instalacións. “Unha mañá perfecta; sol, calor, aire fresco e música, que máis se pode pedir ” comentou a usuaria C.F.
Dende este pequeno recuncho non queremos deixar de agradecer á Asociación DeMusicaDe a súa colaboración e convidámosvos a que volvades pronto.