Concello da Coruña 2022

Ayudas Ayuntamiento de A Coruña

O Concello da Coruña a través das subvencións para entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro (2022) subvenciona o proxecto presentado pola UDP-A Coruña titulado “A participación social como elemento clave do avellentamento activo: a proposta da UDP-A Coruña” que dirixido a todos os seos socios ten por obxectivos: facilitar o acceso das persoas maiores aos recursos existentes; contribuír ao empoderamento das persoas maiores a través da formación e a información e fomentar a participación das persoas maiores na sociedade a través de diferentes actividades como o club de lectura, os obradoiros de memoria, o club de ludoterapia e o ciclo de conferencias e capacitación, entre outras…